ENTREGADO O II PREMIO XOVEN EMPRESARIO DE LUGO


21 DEC do 2009


O pasado día 17 de decembro, nunha Gala de Entrega que tivo lugar no Gran Hotel Lugo, a Asociación Jóvenes Empresarios de Lugo, fixo entrega dos galardóns da segunda edición do Premio Xoven Empresario de Lugo, que contou co patrocinio de "la Caixa", Xunta de Galicia, Inludes, Concello de Lugo, Universidade de Santiago, Confederación de Empresarios de Lugo e El Progreso.
 
O Premio, dotado con 2000 euros, recaeu nesta segunda edición en José Luís Rodríguez Varela, da empresa monfortina CLIMATECNIC CONFORT. O Xurado do Premio, reunido para a ocasión o pasado día 15 de decembro, acordou conceder o Premio a José Luís Rodríguez Varela da empresa Climatecnic Confort,  adicada á instalación de climatización e enerxías renovables. A súa proxección e implantación a nivel nacional, o crecemento experimentado ao longo da súa traxectoria, o cumplimento de normas de calidade, plans de igualdade, o número de traballadores en plantilla e o cumprimento de todos e cada un dos criterios valorables fixados nas Bases como: a creación de emprego estable, o grao innovador do proxecto, o grao de proxección territorial, a aplicación de boas prácticas empresariais, primaron á hora de concederlle o II PREMIO XOVEN EMPRESARIO DE LUGO.
 
A súa vez, o Xurado otorgou os dous accésits dos que constaba o Premio e que foron para Saúl Vérez Fernández da empresa SCA INFORMATICA, consultora especializada en software libre. O grao de innovación e a súa posición nun mercado moi competitivo foron as características evaluables para conseguir este accésit.
 
O outro accésit foi para Manuel Aira Lolo de AMS LAB, laboratorio especializado en análise clínico no que tamén primou a innovación e a actividade concreta que realiza, así como a implantación de boas prácticas e normativa de calidade empresarial e o grao de proxección futuro da súa empresa.
 
O acto contou coa asistencia de Dna. Raquel Arias Rodríguez, Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Dna. Lara Méndez López, Vicepresidenta Segunda da Deputación Provincial de Lugo, Dna. Sonia Mémdez García, Concelleira de Economía e Emprego, D. Carlos Herrero Latorre, Vicerector de Coordenación do Campus de Lugo, Dna Carmen Castelao Muíña, Vicepresidenta da Confederación de Empresarios de Lugo, Dna. Blanca de Cora García-Montenegro, Adxunta a Presidencia de El Progreso e Don José Manuel Caamaño Lago, Xefe do Área de Negocio de "la Caixa", así como Presidentes da Asociacións Empresariais, da Federación Galega de Xoves Empresarios-FEGAXE, e invitados que tralo acto disfrutaron dun cóctel.
 

Inicio