17
NOV
do 2009
Apertura do prazo para Presentación de Candidaturas para o II Premio Xoven Empresario de Lugo 2009
A Asociación Jóvenes Empresarios de Lugo abre o prazo para a presentación de candidaturas á segunda edición do Premio Xoven Empresario de Lugo, que se entregará nunha gala que terá lugar o vindeiro 17 de decembro no Gran Hotel de Lugo.
O Prazo de Presentación de candidaturas vai dende o 16 de novembro ao 14 de decembro, ámbolos días inclusive.
Para a presentación de candidaturas debes de cubrir o formulario de Memoria que se atopa dentro do apartado “Premio” desta web e facelo cegar no prazo sinalado anteriormente ao enderezo electrónico info@ajelugo.com ou á sé de AJE (Ronda da Muralla 58, 6º andar-local 11).