O Premio


27 NOV do 2008

A Asociación Jóvenes Empresarios de Lugo, pon en marcha neste ano 2008 o Premio Xoven Empresario de Lugo. Con esta iniciativa novidosa na nosa provincia, queremos destacar a actividade empresarial daqueles mozos empresarios asociados a AJE Lugo, que sexan referentes polo seu bon facer empresarial, na aplicación de normas, o seu volume de negocio, a súa expansión ou a creación de postos de traballo, de cara ao resto de empresas daqueles novos emprendedores da nosa provincia de Lugo.



Este premio ten como finalidade recoñecer e valorar a esas persoas mozas que participaron na creación e consolidación dunha empresa aproveitando as oportunidades, tendo ideas innovadoras e creando equipos que crezan día tras día, creando riqueza e xerando emprego.



Por todo elo, e co obxectivo básico de fomentala cultura emprendedora, AJE Lugo e as institucións e empresas colaboradoras, crean este Premio Xoven Empresario de Lugo.



Inicio