27
NOV
do 2008
Nunha cea-gala que se tivo lugar no Clube de Campo Las Bridas, a Asociación de Jóvenes Empresarios de Lugo, fixo entrega dos galardóns correspondentes á primeira edición do Premio Xoven Empresario de Lugo, que contou co patrocinio de “La Caixa”, da Consellería de Innovación e Industria, a Consellería de Traballo, o Inludes e a Universidade de Santiago.
O Premio, dotado con 2.000 euros, recayeu este ano 2008, en César Porto Arias, da empresa RECALVI LUGO SA, premiada polo seu crecemento empresarial, a sua expansión provincial e nacional, a creación de emprego estable e a implicación social da súa empresa. César Porto foi considerado polo Xurado como un empresario feito a sí mesmo que soubo abrir novos mercados e consolidarse nun sector con elevada competencia.
A maiores, entregaronse dous accésits de 750 euros cada un deles. Un adxudicouse a José Antonio Armesto Díaz, de EGAFA PRODUCCIONES SL, creador de ANIMATIUM, premiada por ser a primeira franquicia de animación e servizos para eventos de España, así como o seu cumprimento na normativa legal empresarial e a sua expansión nacional. O outro concedeuse a Eva Salvador Fernández de GIMENA INGENIERIA SL, empresa que, dende o seu nacemento, foi xa recoñecida por diversas institucións, como a USC, a Fundación CEL e a Xunta de Galicia, e á que nesta ocasión premiouse pola súa implicación na I+D+i e o desenvolvemento e a utilización das novas tecnoloxías.
O acto contou coa presenza de Fernando Xabier Blanco Álvarez, Conselleiro de Innovación e Industria, José Ramón Gómez Besteiro, Presidente da Deputación Provincial de Lugo, José López Orozco, Alcalde de Lugo, Alfredo Mosteirín Castañer, Presidente da Cámara de Comercio, Agustín Merino García, Vicerector Adxunto da USC e Sonia Méndez García, Concelleira de Economía e Emprego así como de D. José Manuel López López, Xefe do Área de Negocio de “la Caixa”, patrocinador do Premio.
Tamén asistiron representantes da CEL, Fundación CEL e asociacións de electricistas, transportes e madeira, así como membros da Asociación Jóvenes Empresarios de Lugo e outros membros do colectivo empresarial da provincia.